British Racing Motors
Nome completo | British Racing Motors |
---|---|
Bandeira | |
Baseada en | Bourne, Lincolnshire, Inglaterra |
Tempadas en activo | 28 (1950-1977) |
Número de pilotos | Reg Parnell Mike Hawthorn Maurice Trintignant Jo Bonnier Dan Gurney Graham Hill Jackie Stewart John Surtees Jo Siffert Niki Lauda Clay Regazzoni |
Debut | Gran Premio do Reino Unido de 1951 |
Carreiras | 197 |
Campionatos de Construtores | 1 (1962) |
Campionatos de Pilotos | 1 (1962) |
Vitorias | 17 |
Pole positions | 11 |
Voltas Rápidas | 15 |
Puntos totais | |
Derradeiro GP | Gran Premio de Italia de 1977 |
British Racing Motors (coñecido como BRM), foi un equipo británico de Fórmula 1. Fundado en 1945, competiu desde 1950 a 1977, participando en 197 Grandes Premios e gañando 17. En 1962 o equipo BRM gañou o título de construtores. Ao mesmo tempo, o seu piloto Graham Hill gañou o campionato mundial. En 1963, 1964, 1965 e 1971, BRM foi segunda no campionato de construtores.
A fábrica principal de BRM estaba en Spalding Road, Bourne, Lincolnshire, detrás da casa Eastgate, fogar do seu líder, Raymond Mays.
O desenvolvemento máis notable de BRM foi o motor de carreira 135º V16 1,5 litros, que era moi potente na época para a súa cilindrada. Tiña o defecto de que a potencia caía fóra dun rango moi pequeno de réxime. Por isto, para poder aproveitar a súa capacidade ao máximo, eran necesarios moitos cambios de velocidade por parte dos pilotos. Este motor foi notable tanto como por ser unha valente tentativa en desenvolvemento de motores, como polo seu distintivo son.
Cando a regulación de 1,5 litros atmosférico (é dicir, non sobrealimentados) de Fórmula Un foi introducida, BRM logrou construír un motor deseñado por Aubrey Woods (BRM P56 V8) que estaba a par con Dino V6 utilizado por Ferrari e o Coventry-Climax V8 utilizado por outros equipos británicos. Un monopraza modelo P578 con este motor gañou o Campionato Mundial con Graham Hill como piloto.
Así e todo, BRM fallou na súa entrada a regulación de 3 litros rexeitando a proposta de Aubrey Woods de construír un motor V12, por un estraño motor H 16 (BRM 75). Este motor era potente pero pesado e pouco fiable, tiña pouco par e un centro de gravidade alto. A razón desta elección segue sendo un misterio, pero é probable que o H 16 fora sedutor para BRM porque compartía algunhas partes co V8 1,5 litros. Nese momento, BRM ganouse o sobrenome de "British Racing Misery". A pesar de todo, debido a escaseza de motores 3 litros de F1 nese momento, o H 16 foi vendido a Lotus e Jim Clark logrou gañar un Gran Premio cun auto con ese motor.
Tempo despois, a firma vendeu motores a outros construtores como John Wyer, Team McLaren Mercedes e Matra.
Historia
[editar | editar a fonte]No comezo da Fórmula 1, os construtores italianos eran as marcas que reinaban nos Grandes Premios. O equipo británico BRM formouse para contrarrestalos. O equipo British Racing Motors foi fundado en 1945 por Raymond Mays, quen tamén fundou EEI. Desde o principio, BRM foi nun proxecto importante: esperaban desenvolver un motor V16 que esperaba ter máis de 600 cabalos de forza e construír un coche de gran premio de todos os británicos da época posterior á guerra como un proxecto nacional de prestixio, co apoio financeiro e industrial da industria do motor británica e os seus provedores canalizada a través dun fondo fiduciario. En 1951, BRM faría o seu debut no Mundial de Fórmula 1.
A estrutura resultou ser unha forma difícil de manexar a organización e o financiamento do proxecto, polo que algúns dos patrocinadores retiráronse, decepcionados co lento progreso do equipo e os primeiros resultados. En 1952, Sir Alfred Owen decide retomar as rendas do equipo BRM. Non había vitorias, pero os segundos lugares de Froilán González en Albi en 1953 e Brooks en 1956 serían máis que suficientes para a evolución do equipo neses momentos.
En 1957, a situación non mellorou e os coches non lograban finalizar as carreiras. A tempada seguinte, o equipo BRM comezou en serio o campionato, cos pilotos Harry Schell e Jean Behra, que terminaron segundo e terceiro, respectivamente, en Zandvoort, detrás do Vanwall de Stirling Moss. En 1959, Jo Bonnier gañaría o Gran Premio dos Países Baixos. En 1960, Graham Hill decatouse das boas condicións de pilotaxe do P48, pero os moitos abandonos arruinaron a súa tempada. En 1961, Hill obtivo varios podios en varias carreiras fora do campionato, pero non nas que realmente eran puntuables.
En 1962, a situación cambiou. O traballo realizado no motor V8 de BRM deu resultados e Graham Hill conseguiu gañar a primeira carreira da tempada en Holanda. Tamén obtivo un segundo lugar en Bélxica, e gañou as carreiras de Nürburgring e Monza. Disputaba o título contra Jim Clark e o seu Lotus. Na última carreira da tempada en Suráfrica, Clark lideraba a carreira, pero unha fuga de aceite no Lotus deulle a Graham Hill e a BRM os títulos de construtor e de pilotos.
En 1963, Jim Clark e Lotus volven dominar o campionato, Hill só puido gañar en Mónaco e EEUU. En 1964, Hill volve loitar polo título ata a última carreira onde, tralo abandono de Clark, Hill e Bandini loitan entre si, permitíndolle a Surtees levarse o título. Na última carreira o Gran Premio de México, Graham Hill chegou con cinco puntos de vantaxe respecto de John Surtees. Naquel gran premio, Lorenzo Bandini, compañeiro de Surtees en Ferrari, botou da pista a Hill e permitiu a Surtees adiantarlle, acabando a carreira segundo e asegurándose o título mundial. Se contaran todos os puntos, Hill e BRM serían campións. En 1965, Jim Clark dominou de novo, pero Hill e Jackie Stewart lograron tres vitorias entre ambos. Unha vez máis, se contaran todos os puntos, BRM sería campión do mundo de construtores.
En 1966, antes do cambio de regras para os motores, BRM decide utilizar o motor H16. Anteriormente, Graham Hill gañara carreiras na Serie Tasman e Stewart en Mónaco. Pero logo da introdución deste novo motor, só Jim Clark triunfou con este motor cun Lotus, mentres que en BRM, soamente Stewart conseguiu un segundo posto en Spa na tempada de 1967. En 1968, BRM regresa cun motor máis convencional, un V12 co que Dick Attwood e Pedro Rodríguez fixeron varios podios. En 1969, o coche fallou en canto a fiabilidade e rendemento.
En 1970, o P153 permite ao piloto mexicano Pedro Rodríguez que BRM volva ter de novo vitorias ao gañar en Spa-Francorchamps, non sen ter antes algunhas dificultades logo dunha loita feroz con Chris Amon. Pero durante toda a tempada, o coche non é tan bo como se esperaba. Na tempada seguinte, Rodríguez morreu durante unha das carreiras. Jo Siffert logra gañar en Austria. E tamén nun memorable final de carreira no Gran Premio de Italia Peter Gethin obten a vitoria por só 0´61 milésimas, foi a súa única vitoria nun Gran Premio. En 1972, BRM so logra unha única vitoria grazas a Jean-Pierre Beltoise, que gañou a carreira de Mónaco baixo un forte aguaceiro.
Decadencia e caída
[editar | editar a fonte]En 1973, uns descoñecidos novos pilotos, o austríaco Lauda e o suízo Clay Regazzoni apenas alcanzan o podio. Ao final da tempada, a Organización de Owen decide retirarse. Este foi comezo do fin para BRM. En 1974, Beltoise terminou segundo en Kyalami, pero toda a tempada foi desastrosa. En 1975, o equipo contrata a un só piloto Mike Wilds, substituído posteriormente por Bob Evans, pero ningún deles logrou melloras no equipo. En 1976, BRM non participa nunha soa carreira e en 1977, Larry Perkins realizou os últimos dous Gran Premios para a última participación de BRM.
BRM faría un breve regreso nas 24 Horas de Le Mans en 1992, pero un incendio obrigou aos pilotos a abandonar.
Resultados de BRM na Fórmula 1
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Resultados de BRM.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: British Racing Motors |